sábado, 20 de diciembre de 2008

Crónica

Saímos dende O Valadouro un grupo de23 persoas todos moi agrupados pero o pouco tempo xa se empezaron a espallar un pouco, levariamos cerca de unha hora camiñando cando chegamos ata a casa de Manuel Lourenzo (un escritor nacido neste val ). Cal seria a nosa sorpresa cando vimos o recibimento que nos tiña preparado (café,doces e ata licores ).
Seguimos camiñando e uníronse dúas camiñantes mais na ponte do frenazo,subimos ata o castelo e o sol empezaba a facer mella na xente pero ían contentos.Pasamos a rebolada,o alto do pouso e antes de baixar ata A Campa fixemos un pequeno reagrupamento.
O pouco de pasar A Campa empezamos a baixar ata Couboeira observando a cruz que hai tallada nunha pedra,pasamos Couboeira e subimos ata Viólalle baixando pola carreteira que vai a Figueiras pasámola Ferrería ,a capela do San Ramón e paramos outra vez esta para beber nunha fonte de auga moi fría.
Seguimos camiñando e pasámolo Coto da Recadieira chegamos ata San Lázaro e seguimos ata a catedral para logo ir dende alí ata a taberna do valeco onde xantamos todos xuntos  

Angel Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario